InfoFitness

InfoFitness é unha pequena aplicación feita para facilitar o estudo e comprensión do cálculo antropométrico, o gasto enerxético e outras variables relacionadas co fitness.

Para o seu correcto funcionamento debería ter habilitado o seu navegador para que acepte cookies.

Permite facer cálculos da composición corporal, do gasto enerxético diario dunha persoa ou de condición física. Estes datos non quedarán almacenados xa que non é unha base de datos.

Foi creado polo profesor Manuel Rodríguez Núñez para os ciclos de Animación Deportiva e de Técnico en Fútbol, impartidos ambos no IES Universidade Laboral.